jueves, 22 de marzo de 2018

Entrega premios Certame debuxo

Este fermoso debuxo realizado por ALEJANDRO PÉREZ LÓPEZ,  
foi o gañador do 

IV CERTAME DE DEBUXO INFANTIL FEIRA DO VIÑO DE AMANDI 2018 : 

 A VITICULTURA NA RIBEIRA SACRA.

A este certame, convocado polo Concello de Sober, presentáronse  un total de 150 debuxos , realizados por alumnos de primaria de catro colexios da comarca de Terra de Lemos : CEIP Monte Baliño de Pantón ; CEIP de Monforte ; CPR Torre de Lemos de Monforte  e CEIP Virxe do Carme de Sober. 




Ademáis do debuxo gañador, concedéronse tres accésit para os mellores traballos que foron realizados por : Clay Anxo Randale Parquer (CEIP Pantón), José Ángel Novoa López (CEIP Sober) e Sofía Mendes González (CPR Torre de Lemos).

O martes 20 de marzo ás 12h. o Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián fixo entrega dos premios aos nenos gañadores deste certame. 

Tamén se entregaron agasallos a todos os participantes e se repartiron as pegatinas có debuxo gañador que representa e difunde a imaxe da Feira do Viño de Sober deste ano 2018. 

O alcalde de Sober e os nenos gañadores do certame.
Os nenos e as nenas participantes posan diante da exposición dos seus traballos. 

GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES
 E AOS SEUS PROFESORES E FAMILIAS 

No hay comentarios:

Publicar un comentario