Ir al contenido principal

CL-La flor púrpura, de CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE

Kambili, é a protagonista e narradora desta novela. Ten quince anos, e co seu irmán maior Jaja levan unha vida privilexiada na cidade de Enugu.
Viven nunha fermosa casa e frecuentan un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar dista moito de ser harmoniosa.
O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas imposibles de cumprir.
Cando os mozos visitan durante uns días á cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde apartamento, descobren un mundo totalmente novo: o rico cheiro a curry que alaga o lugar, as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, a calidez, o respecto ás ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos.

Ao regresar ao seu fogar, transformados pola liberdade conquistada, a tensión familiar crece de forma alarmante.


Estupenda historia para a primeira novela da escritora nigeriana CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE. Un libro ben e coidadosamente escrito , que "atrapou" aos integrantes do CL da biblioteca de Sober durante este mes de marzo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán