Ir al contenido principal

Día da Muller Traballadora


O venres 2 de marzo a biblioteca celebra o Día Internacional da Muller 
( 8 de marzo ) coa presencia dunha muller emprendedora do noso Concello : 

Marena Rodríguez Losada , enxeñeira agrónoma,  que rexenta unha empresa de  mantemento de fincas e realización de traballlos forestais , acude este venres as Merendas con contos para realizar un obradoiro cós nenos e as nenas , despois de responder a moitas preguntas que lle fixeron en relación coa súa profesión. 

Na primeira parte da tarde tivemos a lectura coa que iniciamos as actividades neste día.



No obradoiro  de Marena os asistentes sementaron céspede , que terán que coidar nas casas e controlar as fases de crecemento desta formación herbácea mesta e de baixa altura. 

GRAZAS A MARENA POR  COMPARTIR CON NÓS PARTE DA SÚA EXPERIENCIA COMO
MULLER TRABALLADORA   E TAMÉN  POR PASAR UNHA TARDE NA BIBLIOTECA.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán