Ir al contenido principal

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Como todos os anos dende 1967, o IBBY ( International Board on Books for Young People ) promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.

A OEPLI e GÁLIX  en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día e convocan este certame : 

"Un conto de H. C. Andersen en banda deseñada"

Poden participar todos os lectores  que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a nosa biblioteca. Tan só hai que escoller un libro de Hans Christian Andersen e debuxalo en forma de viñetas.
Nestas BASES podedes consultar todos os requisitos. Os traballos deberán presentarse na Biblioteca de Sober antes do día 21 de abril .





Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán