Ir al contenido principal

V CERTAME MULLERES DE LEMOS


O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo, convoca o V Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promocionar as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.

O certame deste ano terá como protagonista a Genoveva González Prieto, unha mestra de Bóveda ( Lugo ) traballadora do ensino no rural de Galicia. 


As actividades propostas polo colectivo son as seguintes : 
  • Obradoiro Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo. que se realizará nos centros educativos da nosa comarca. Desenvólvese en colaboración có Centro de Información á Muller ( CIM ) de Monforte de Lemos.  Consta, por unha banda, dun traballo de reflexión sobre a vida dunha mestra formada a principios do século XX e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da súa vida. 
  • V certame Mulleres de Lemos , modalidade Banda Deseñada. Dirixido aos estudantes de Secundaria e bacharelato que deberán elaborar un traballo artístico e creativo sobre a historia de Genoveva González ( cunha extensión mínima de 2 páxinas ).
  • V Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación . Destinada para maiores de 18 anos que poden presentar un traballo sobre a nosa protagonista cunha extensión entre 10 e 25 páxinas a dobre espazo, letra 12. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán